Presentación do libro 55 mentiras sobre a lingua galega
Posted by Administrador in GeneralMañá venres, 5 de febreiro de 2010, no Multiusos de Carballedo ás 20.30 terá lugar a presentación do libro 55 mentiras sobre a lingua galega. Análise dos prexuízos máis comúns que difunden os inimigos do idioma.
A plataforma Prolingua edita este volume na súa xeira de iniciativas a prol da defensa e promoción da lingua galega.
Ó igual que en Cotobade, o libro será presentado en máis de 70 lugares do mundo, en Bethelem (Palestina), Bos Aires, New York, Copenhague, Londres, París, Saraieivo, Tübingen, Madrid, Vilafranca do Bierzo, San Martiño de Trebello (Val do Ellas, Extremadura), Moaña, Marín, Bueu, Cangas, Cambados, Santiago, A Coruña, Lugo…
O texto selecciona os argumentos empregados en contra do galego para demostrar a súa falsidade. Vai ser a obra con maior número de presentacións das publicadas en lingua galega e tamén pretendemos que sexa aquela que supere marcas de asistencia de persoas. Quérese así demostrar que somos máis, moitos máis cós que inventan as mentiras
No Concello de Cotobade, en concreto no Multiusos de Carballedo, vaise producir unha desas presentacións coa presenza de Hadrián Faílde Perdíz, Antón Vidal Andión e Malores Villanueva Gesteira.
Fonte: Colaborador do weblog
Etiquetas:Cultura, libros

Entradas (RSS)