O próximo fin de semana sábado 29 e domingo 30 de maio, terá lugar a IV edición da Feira de Cuspedriños (en San Xurxo de Sacos) dende que fai catro anos se recuperase a feira que recrea o mercado agrícola e de ganado que se facía ata o ano 1967 que se fixo por ultima edición.
Neste ano o Concello de Cotobade asumira a totalidade do financiamento da feira, uns 16.000 Euros, ao fallar as axudas que viña dando a Xunta de Galicia a través do Agader (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) no goberno do bipartido.
En canto a programación cabe destacar como novidade, a degustación gratuíta de produto típicos de Cotobade, como son o estofado de tenreira, as filloas de Valongo e requeixo de Corredoira.