forex trading

O Concello

O Concello de Cotobade está situado ao oeste de Galicia e ao leste da provincia de Pontevedra, á que pertence administrativamente. Situado preto da capitalidade, da que se afasta 19 km., limita ao norte cos concellos de Cerdedo e Campo Lameiro e ao sur cos de Ponte Caldelas e A Lama, ao leste cos de Cerdedo, Forcarei e A Lama e ao oeste cos de Pontevedra e Campo Lameiro.

A súa altitude media é de 392 metros sobre o nivel do mar, sendo a altura máis elevada a do monte do Seixo (990 metros) e do monte da Albagueira (792 metros). Ten unha extensión de 135,2 quilómetros cadrados e a poboación encontrase distribuída en 135 entidades de poboación, que se agrupan en 13 parroquias.

A capitalidade do concello sitúase no lugar da Chan, na parroquia de Carballedo, sendo un dos poucos concellos que o seu topónimo non se corresponde coa de ningunha entidade de poboación.

Encóntranse dúas zonas perfectamente diferenciadas dentro das terras de Cotobade: por un lado está Carballedo coas súas parroquias limítrofes, que forman o que podiamos denominar “terras altas”, surcadas polo río Almofrei; e polo outro están as “terras baixas” do val de Lérez, que reciben os ríos Cabanelas e Calvelo. O río Lérez fai de deslinde do concello nesta zona, excepto na parroquia de San Xurxo de Sacos, na que  o deslinde o marca o río Calvos.