O concello esta levando a cabo unha obra “ilegal” ou de dubidosa legalidade, esta se esta a facer no lugar da Chan en Carballedo, concretamente onde ten na actualidade almacén da maquinaria municipal. As obras consisten nunha ampliación da actual edificación, cunha estrutura de ferro xa executada e un cerramento a base de bloque de formigón visto que se esta levando a cabo estes días, pero a solución construtiva non e o tema.
O tema é que dubido que dita obra teña a correspondente licencia municipal, xa que se nos remitimos o planeamento municipal, (lembramos que Cotobade aínda non ten plan xeral de ordenación urbán e que se rexe polas normas subsidiarias provinciais), podemos comprobar que o tipo de solo no que se esta a levar a cabo a dita obra e un solo de protección forestal, no cal este tipo de construción non se pode facer, polo que entendo que é ilegal.
É eu pregúntome, ¿como poden dende o concello dar este exemplo?. ¿E a oposición que fai?.
A todos aqueles que queiran denunciar o requirir a correspondente licencia, podedes obter información de como facelo na páxina web da Axencia Galega de Protección da Legalidade Urbanística o no rexistro do propio concello.
Etiquetas:ilegalidades, obra publica, urbanismo
Entradas (RSS)
Olé!! Quiero animarte a que postees más…no todo van a ser recortes del periódico, que para algo eres el administrador!!!
aclaracion. a obra ilegal esta na parroquia de rebordelo. é terreo comunal de rebordelo, non de carballedo.
o concello copia os ilegales dos galpons-vivenda que proliferan polo concello. o concello segue sin adecentar os arredores da chan. mismo na localizacion do almacen e garaxe, atopase o vertedoiro de chatarra municipal. qué bonito está. por qué non o leva o sr. alcalde para a sua casa de viascón????. a ver si empeza a preocuparse algo do interior do concello, e non tanto da n.541 e arredores. acá tamen vivimos veciños que pagamos impostos.