Programadas cinco andainas invernais dentro do programa municipal «Bótalle ansia»

Dentro do programa Bótalle ansia, para este mes e por primeira vez no inverno, programáronse cinco andainas de baixa dificultade, dada a aceptación desta actividade, segundo subliñou a concelleira Anxos Riveiro. A idea é combinar deporte saudable co coñecemento das parroquias, dos parques e da arquitectura popular e a natureza ademais de fomentar relacións de amizade.A primeira das andainas programadas é polos parques urbanos de Pontevedra e será o vindeiro día 5. O día 9, farase a ruta Memoria do lobo, por Cotobade. O 12, haberá un roteiro entre pazos e salgueiros pola parroquia de Salcedo. O día 19 será Tomeza e o seu monte de San Cibrán a protagonista da ruta, e para rematar, o 23 deste mes, haberá unha visita a punta Carreirón, na Illa de ArousaNestas andainas combínanse os días de semana e os domingos para diversificar tamén os participantes.As rutas están pensadas para que as poidan facer tanto rapaces como persoas maiores. A concelleira destacou que moitas veces fanas familias enteiras, que incluso levan as súas mascotas. A maioría dos participantes son mulleres.Os percorridos son de dúas horas e en caso de choiva se suspenden.Os interesados deberán inscribirse previamente na Casa Azul ou chamando ao teléfono 986 840 367, de 9 a 14 horas. Este requisito é especialmente para as rutas de fora do Concello, que se limitan a 55 persoas por mor do autobús.

Fuente: La voz de Galicia – Fecha de publicación: 01/11/2008

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Pregunta Anti-Spam: