Reportaxe sobre Ricardo Portela no Alala da TVG

Onte dia 19/05/09 as 21:49 emitiuse unha reportaxe sobre un dos mellores gaiteiros da historia, no programa da  galega Alalá.

Para aquelas que no saiban que é o Alalá, dicir que  é un programa que relaciona a música tradicional galega e outras formas de patrimonio oral co contorno social e laboral, para non esquecer este valor cultural, e que ven emitindo dende fai case uns 3 anos.

O Gaiteiro de Viascón, con quen estará o “Alalá” desta noite, non só foi un dos mellores gaiteiros da historia, senón o gran defensor da música tradicional galega na segunda parte do século XX. El foi quen de unir todos os gaiteiros da época nos anos 60 e 70 para reivindicar a dignidade que merece o gaiteiro, porque durante moitos anos foi tratado como músico menor; chamarlle a alguén “gaiteiro ou gaiteiriño” chegou a ser apelativo de desprezo cara a unha persoa. As comisións de festas ou incluso o público non sempre foron respectuosos cos gaiteiros, así que Ricardo Portela destacou pola súa loita para reivindicar a figura do gaiteiro, sendo un dos precursores do festival de Ortigueira ou da Asociación de Gaiteiros Galegos.

A influencia musical de Ricardo Portela en grandes músicos de hoxe podémola ver no selo do toque pechado de Anxo Pintos ou Carlos Núñez, que eran parte da primeira banda “Xarabal” de Vigo da que o mestre Portela era padriño honorífico. A súa morte en 1992 foi un dos acontecementos máis tristes da nosa música no século pasado e a todas as homenaxes que se lle fixeron en vida engadíuselle a concesión da Medalla de Galicia en 1992, ou os sucesivos memoriais que se celebran na súa honra. Neste capítulo achegarémonos á figura dun dos gaiteiros máis importantes da historia de Galicia: Ricardo Portela, “O Gaiteiro de Viascón”

Ver video na páxina da RTVG

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Pregunta Anti-Spam: