Entre as grandes aficións de Montero está a arqueoloxía. «Me gusta todo o saber humanista, e ese misterio que ten a arqueoloxía de saber qué fixeron os que nos precederon, como vivieron, cal é o rastro que deixaron, entusiásmame», sinala. Di que ten a sorte de ter un xenro arqueólogo, quen por exemplo lle permitiu colaborar na excavación dun castro en Carballedo. «Foi fantástico estar alí e descubrir as pegadas de hai miles de anos». Na cidade pontevedresa, di que mira as pedras «mil e unha veces» e está atento a todo o que se descobre. E en Cotobade ten unha casa, que precisamente descubriu que estaba ubicada sobre unha antiga vila romana «ao encontrar restos na horta».
Fuente: La Voz de Galicia – Fecha de publicación: 23/05/2009